Crear un espazo de encontro que vincule as colección de minerais coas Ciencias da Terra e cos contidos asociados aos graos que se imparten na EME.
Ofrecer actividades didácticas e divulgativas como recursos didácticos complementario, para incentivar o traballo dos estudantes nas sesións de prácticas das materias vinculadas á exposición.
Transmitir unha mensaxe comprensible, breve, artisticamente agradable e organizada pensando en que o seu público desexe buscar máis información motivado polo coñecemento novo.
Poñer de manifesto a importancia dos recursos naturais no planeta, en xeral, e en Galicia, en particular, e reforzar a mensaxe da importancia do noso patrimonio natural próximo.
Vincular o ámbito académico e as tarefas docentes e investigadoras desenvolvidas desde centro co ámbito empresarial e a explotación sostible dos recursos naturais dos/as titulados/as da escola.