Pertencen a esta clase os minerais formados por combinacións de metais con S (ou con As, Sb, Se e Te), de modo que se inclúen tamén arseniuros, antimoniuros, seleniuros e telururos.
A maioría destes minerais son opacos, teñen un elevado peso específico e presentan brillo metálico con coloracións características. A dureza depende da estrutura: hainos moi brandos (dureza de 1 a 2) ou de dureza media-alta (de 6 a 7).
Comprenden un conxunto dunhas trescentas especies minerais, aínda que tan só trinta se poden considerar importantes por atoparse en grandes cantidades e estar ben representadas na codia terrestre.
Os sulfuros son un grupo de minerais moi importantes xa que constitúen as menas da maior parte dos metais que conforman as materias primas na obtención da multitude de bens de consumo e enerxía. Cabe sinalar, por exemplo, a calcopirita (CuFeS2), a esfalerita (ZnS) e a galena (PbS), dos que se obteñen Cu, Zn e Pb, respectivamente.
A maior parte dos minerais desta clase atópanse en xacementos de orixe hidrotermal.

Sistema: rómbico
Hábito: masivo. Cristais maclados, piramidais.
Cor: amarela latón averdada
Brillo: metálico
Transparencia: opaco
Raia: negra verdosa
Dureza: 3,5 – 5
Xénese: magmática, metasomática de contacto, hidrotermal e sedimentaria.
Uso: é o mineral de cobre máis común e o principal minerario deste elemento.
Método de concentración mineralúrxica: ao ser un sulfuro, sepárase da ganga mediante flotación.

Sistema: trigonal
Hábito: romboédrico a tabular. Tamén granular a masivo.
Cor: vermella púrpura
Brillo: non metálico, diamantino a térreo
Transparencia: opaco
Raia: vermella
Dureza: 2 – 2,5
Xénese: hidrotermal de baixa temperatura asociado con actividades volcánicas recentes.
Uso: principal minerario de mercurio.
Método de concentración mineralúrxica: ao ser un sulfuro, sepárase da ganga mediante flotación.

Sistema: rómbico
Hábito: tetraédrico maclado, agregados microgranulares ou masivo.
Cor: amarela, marrón e negra, ás veces vermella
Brillo: non metálico a submetálico, resinoso
Transparencia: opaco
Raia: marrón a amarela clara
Dureza: 3,5 – 4
Xénese: orixe hidrotermal.
Uso: é a minerario máis importante de cinc. Este emprégase, fundamentalmente, como axente anticorrosivo na galvanización, na fabricación do latón, na industria de baterías, en cosmética, pinturas e caucho.
Método de concentración mineralúrxica: ao ser un sulfuro, sepárase da ganga mediante flotación, pero hai que activalo porque non flota tan ben como outros sulfuros como a galena.

Sistema: ortorrómbico
Hábito: acicular, masivo, granular ou columnar.
Cor: gris chumbo azulada
Brillo: metálico
Transparencia: opaco
Raia: denegrida
Dureza: 2
Xénese: xacementos hidrotermais.
Uso: minerario principal de antimonio. Este emprégase como retardante da chama en pinturas, colas e plástico, así como en tecidos ignífugos. Tamén como catalizador na fabricación de plásticos PET, na industria das baterías, cerámica ou gomas industriais.
Método de concentración mineralúrxica: ao ser un sulfuro, sepárase da ganga mediante flotación.

Sistema: cúbico
Hábito: amasivo, fibroso e granular.
Cor: gris escura
Brillo: metálico
Transparencia: opaco
Raia: gris escura
Dureza: 3,5 – 5
Xénese: filóns hidrotermais, depósitos pegmatíticos e metamórficos de contacto.
Uso:principal minerario de Pb. Este emprégase como blindaxe fronte a radiacións ionizantes, na industria de baterías e na fabricación de munición de pesas para a pesca.
Outras características: debido a que contén cantidades variables de Ag, ás veces é minerario de prata.
Método de concentración mineralúrxica: ao ser un sulfuro, sepárase da ganga mediante flotación. É o sulfuro metálico máis fácil de flotar.

Sistema: rómbico
Hábito: cristais tabulares, prismas curtos.
Cor: amarela pálida a prateada
Brillo: metálico, submetálico
Transparencia: opaco
Raia: negra grisácea
Dureza: 6 – 6,5
Xénese: orixe sedimentaria primaria, produto de actividade hidrotermal, ou mineral secundario pola alteración doutros sulfuros.
Uso: obtención de ácido sulfúrico (H2SO4).
Outras características: polimorfo con pirita.
Método de concentración mineralúrxica: ao ser un sulfuro, sepárase da ganga mediante flotación.

Sistema: cúbico
Hábito: masivo a granular.
Cor: amarela bronce
Brillo: metálico
Transparencia: opaco
Raia: negra
Dureza: 3,5 – 4
Xénese: adoita aparecer nas rochas ígneas básicas e probablemente acumúlase por segregación magnética.
Uso: minerario máis importante de níquel. Emprégase na fabricación de aceiros, tratamentos superficiais, superaliaxes, baterías, moedas e imáns.
Método de concentración mineralúrxica: ao ser un sulfuro, sepárase da ganga mediante flotación.

Sistema: cúbico
Hábito: en cubos, octaedros ou pentágonododecaedros (piritoedros).
Cor: amarela latón
Brillo: metálico
Transparencia: opaco
Raia: gris ou pardo escura
Dureza: 6 – 6,5
Xénese: é un dos sulfuros naturais máis comúns, atópase en diversas formacións xeolóxicas, desde depósitos sedimentarios ata vetas hidrotermais e como compoñente de rochas metamórficas.
Uso: obtención de ácido sulfúrico (H2SO4) a partires da alta cantidade de xofre que contén este mineral.
Outras características: polimorfo con marcasita. A cor metálica amarela cobriza da pirita en moitos casos levou a que a xente a confunda con ouro, de aí o alcume común de “ouro dos parvos”.
Método de concentración mineralúrxica: ao ser un sulfuro, sepárase da ganga mediante flotación.