Desde o punto de vista estrutural, os sulfatos están formados pola interacción entre o grupo sulfato [SO4]-2 e un grupo electropositivo formado, ben polo catión ou ben polo catión rodeado dunha esfera de hidratación.
Xeralmente estes minerais son brandos, lixeiros e solubles en auga. Presentan gran variedade de cores(claras a transparentes), hábitos (fibroso, acicular) e diafanidade (transparente, opaco, etc.).
Os cromatos e os molibdatos máis comúns (crocoíta e wulfenita, respectivamente) adoitan formarse nas zonas de oxidación dalgúns xacementos de chumbo, mentres que os volframatos máis abundantes (volframita e scheelita) atópanse xeralmente en pegmatitas graníticas e filóns hidrotermais.

Nome: Barita ou baritina (BaSO4)
Sistema: ortorrómbico
Hábito: tabular, fibroso ou nodular a masivo. Tamén aparece como “rosa de barita” ou en “crista de galo”.
Cor: normalmente branca
Brillo: non metálico, perlado
Transparencia: transparente a opaco
Raia: branca
Dureza: 3 – 3,5
Xénese: mineral común. Xeralmente en filóns hidrotermais.
Uso: é minerario de Ba, elemento imprescindible en aplicacións médicas, industria química de síntese e farmacéutica e na protección fronte ás radiacións.
Outras características: emprégase principalmente en perforación de pozos de petróleo ou gas, como “barro pesado”, e no papel fotográfico denominado “baritado”.
Método de concentración mineralúrxica: a barita sepárase da ganga por flotación.

Nome: Xeso ou selenita (CaSO42H2O)
Sistema: monoclínico
Hábito: cristais prismáticos e tabulares. Tamén en fibras (xeso fibroso). Maclas características en “cola de anduriña” e “punta de frecha”. Tamén aparece como “rosa do deserto”.
Cor: incolora, gris, branca ou vermella
Brillo: non metálico, perlado
Transparencia: transparente a opaco
Raia: branca
Dureza: 1,5 – 2
Xénese: orixe sedimentaria ligada á evaporación de salmoiras.
Uso: o xeso emprégase principalmente en construción e decoración, para producir de escaiola e produtos similares.
Outras características: presenta unha gran cantidade de variedades, hábitos cristalinos e maclas.
Método de concentración mineralúrxica: trátase dun mineral de orixe evaporítica, polo que se obtén a través de procesos de precipitación desde salmoiras.

Nome: Celestina (SrSO4)
Sistema: ortorrómbico
Hábito: cristais tabulares.
Cor: incolora
Brillo: non metálico, vítreo
Transparencia: transparente, translúcido
Raia: branca
Dureza: 3 – 3,5
Xénese: orixe sedimentaria.
Uso: na preparación de compostos con estroncio (fogos artificiais), no procesamento de azucre (sal de estroncio), na fabricación de imáns cerámicos, no proceso de aliaxes con aluminio e en aplicacións médicas.
Método de concentración mineralúrxica: a celestina sepárase das gangas coas que adoita estar mediante flotación; ás veces é necesario activala para facela máis flotable.

Nome: Crocoita (PbCrO4)
Sistema: monoclínico
Hábito: cristais prismáticos alongados, acicular.
Cor: vermella, laranxa ou amarela
Brillo: non metálico, adamantino
Transparencia: translúcido
Raia: amarela-alaranxanda
Dureza: 2,5 – 3
Densidade: 5,97 gr/cm3
Xénese: mineral secundario na zona de oxidación de xacementos de chumbo.
Uso: pouco usada pola súa escaseza, interese coleccionístico.
Outras características: tóxico. Mineral pouco común.

Nome: Wulfenita (PbMoO4)
Sistema: tetragonal
Hábito: tabular a piramidal.
Cor: amarela, alaranxada, parda, verde oliva
Brillo: non metálico, resinoso
Transparencia: transparente a semitranslúcido
Raia: branca amarelada
Dureza: 3
Xénese: mineral secundario raro, ligado a procesos de oxidación hidrotermal.
Uso: coleccionismo.

Nome: Volframita ((Fe, Mn, Mg)WO4)
Sistema: monoclínico
Hábito: cristais tabulares.
Cor: negra, gris escura
Brillo: semimetálico
Transparencia: opaco
Raia: marrón avermellada
Dureza: 5 – 5,5
Densidade: 7 – 7,5 gr/cm3
Xénese: mineral relativamente raro, formado a altas temperaturas, e que se acha xeralmente nas veas de cuarzo e nos filóns de pegmatita, asociado ao granito.
Uso: principal minerario de volframio. Úsase na produción de aliaxes especiais, soldadura TIG, algunhas lámpadas e como W2C en ferramentas especiais.
Método de concentración mineralúrxica: trátase dun mineral denso e estable en auga, polo que se separa moi ben mediante métodos gravimétricos en auga (mesas de sacudidas, espirais). Ten susceptibilidade magnética positiva, polo que pode separarse mediante métodos magnéticos con intensidades de campo medias (1-1,5 T). E tamén, ao ser condutora, pódese separar de gangas non condutoras mediante métodos electrostáticos.