Os óxidos e os hidróxidos son minerais nos cales o oxíxeno (O2-) ou o grupo hidroxilo (OH) aparecen combinados cun ou máis metais. Comprenden uns 250 minerais.

En xeral, os óxidos son máis duros e máis densos cós hidróxidos e presentan gran dureza, de 6 a 9 segundo a escala de Mohs. Os hidróxidos son máis brandos e exfoliables.

Algúns minerais teñen valor económico porque a partir deles obtéñense metais importantes na industria. É o caso, por exemplo, da magnetita (Fe2+Fe3+ O), a cromita (FeCr2O4), a pirolusita (MnO2), a casiterita (SnO2) ou a ilmenita (FeTiO3). Deles obtéñense Fe, Cr, Mn, Sn e Ti, respectivamente.

Nome: Corindon (Al2O3)
Sistema: trigonal
Hábito: xeralmente bipiramidal, tabular ou prismático.
Cor: negra a gris escura
Brillo: non metálico
Transparencia: opaco
Raia: ningunha
Dureza: 4
Densidade: 4 g/cm3
Xénese: orixe metamórfica.
Uso: como abrasivo. As variedades de calidade xema, como o zafiro (azul) e o rubí (vermello), úsanse en xoiaría
Outras características: extrema dureza.
Método de concentración mineralúrxica: sepárase da ganga por métodos gravimétricos, debido a que adoita ser máis denso ca as gangas que o acompañan. Precísanse aplicar forzas centrífugas para obter un máximo rendemento no proceso.

Nome: Hematita (Fe2O3)
Sistema: trigonal
Hábito: xeralmente tabular, tamén masas botroidais ou laminar.
Cor: vermella a gris aceiro
Brillo: metálico a mate
Transparencia: opaco
Raia: vermella
Dureza: 5 – 5,5
Densidade: 5,27 g/cm3
Xénese: pode formarse como un produto de sublimación en relación con actividades volcánicas, en depósitos metamórficos de contacto, como mineral accesorio nas rochas ígneas feldespáticas, tales como o granito, ou en lateritas (sedimentos ou perfiles edáficos minerais moi evolucionados) e sedimentos tipo pracer.
Uso: unha das minerarios de ferro máis abundantes. Como pigmento ou aditivo para pinturas anticorrosivas tras un proceso de micronizado.
Método de concentración mineralúrxica: debido a que posúe unha densidade máis elevada ca da ganga coa que adoita a estar asociada, sepárase mediante métodos gravimétricos en auga, como mesas de sacudidas ou espirais. Dependendo do seu tamaño de grao, pódese separar tamén baixo campos magnéticos de media e alta intensidade.

Nome: Magnetita (Fe2O4)
Sistema: cúbico
Hábito: cristais octaédricos.
Cor: negra
Brillo: metálico
Transparencia: opaco
Raia: negra
Dureza: 5,5 – 6
Densidade: 5,18 g/cm3
Xénese: formación por diferenciación magmática ou metamorfismo de contacto, tamén pode ter orixe hidrotermal. Debido á súa resistencia á meteorización e á súa densidade, aparece en sedimentos tipo pracer asociada a outros minerais densos e pesados.
Uso: importante minerario de ferro.
Outras características: mineral magnético.
Método de concentración mineralúrxica: a magnetita sepárase das gangas coas que adoita a estar asociada usando equipos de separación magnética; un campo magnético de baixa intensidade é suficiente para facelo. Tamén, debido a que posúe unha densidade máis elevada ca da ganga, sepárase mediante métodos gravimétricos en auga, como mesas de sacudidas ou espirais.

Nome: Pirolusita (MnO2)
Sistema: tetragonal
Hábito: agregados dendríticos.
Cor: negra a gris escura
Brillo: submetálico
Transparencia: opaco
Raia: negra
Dureza: 2 – 2,5
Densidade: 5,04 – 5,08 g/cm3
Xénese: orixe sedimentaria, formando depósitos químicos no fondo de masas de auga moi ricas en osíxeno e escasa circulación de auga. Tamén se atopa como mineral secundario orixinado pola alteración superficial de minerais de manganeso (por exemplo rochas básicas ou ultrabásicas).
Uso: minerario máis importante de manganeso. É un elemento esencial na industria do aceiro, e tamén se utiliza na fabricación de produtos químicos e como pigmento negro en vidros e cerámica.
Método de concentración mineralúrxica: debido a que posúe unha densidade máis elevada ca da ganga coa que adoita a estar asociada, sepárase mediante métodos gravimétricos en auga, xeralmente aplicando forzas centrífugas (por exemplo, jigs dinámicos).

Nome: Casiterita (SnO2)
Sistema: tetragonal
Hábito: ccristais prismáticos ou bipiramidais. É frecuente atopar a macla “pico de estaño”.
Cor: anegra apardazada, parda, incolora, gris
Brillo: non metálico. Adamantino
Transparencia: opaco
Raia: branca
Dureza: 6 – 7
Densidade: 6,98 – 7,01 g/cm3
Xénese: ten orixe ígnea. Está presente tamén en lateritas e depósitos sedimentarios de tipo pracer, xa que é resistente á meteorización e posúe unha densidade moi alta, facilitando que sexa segregada en ambientes sedimentarios fluviais ou mariños.
Uso: minerario de estaño. Emprégase en aliaxes, en soldadura, en electrónica, en baterías e en medicina.
Método de concentración mineralúrxica: posúe unha densidade moito máis elevada ca das gangas coas que adoita a estar asociada; isto fai que sexa moi doado obtela mediante métodos gravimétricos en auga como mesas de sacudidas ou espirais e aplicando forzas centrífugas (por exemplo, jigs dinámicos).

Nome: Anatasa (xxx)
Sistema: xxx
Hábito: cúbico, octaédrico, dodecaédrico.
Cor: alocromática (diferentes cores en función dos cromóforos)
Brillo: non metálico, vítreo
Transparencia: translúcido
Raia: branca
Dureza: 4
Xénese: filóns hidrotermais e pegmatitas.
Uso: na industria metalúrxica como fundente, en vidros, cerámicas e esmaltes e, principalmente, para a fabricación de ácido fluorhídrico, medicamentos e produtos sanitarios.
Outras características: presenta termoluminiscencia e fluorescencia.
Método de concentración mineralúrxica: a fluorita é o único haluro que se separa da ganga por flotación.

Nome: Goethita (FeO(OH))
Sistema: ortorrómbico
Hábito: botroidal, acicular ou radial.
Cor: negra, parda ou amarela
Brillo: submetálico
Transparencia: opaco
Raia: amarela
Dureza: 5 – 5,5
Densidade: 4,28 g/cm3
Xénese: produto da meteorización de minerais que conteñen ferro. Fórmase tamén como precipitado inorgánico ou bioxénico das augas, e atópase como depósito nos pantanos e fontes.
Uso: minerario de ferro. Como pigmento amarelo.
Método de concentración mineralúrxica: pódese separar das gangas mediante métodos gravimétricos en auga, aplicando forzas centrífugas.

Nome: Limonita (FeO(OH)·nH2O)
Sistema: amorfo
Hábito: agregados finos, terroso.
Cor: parda
Brillo: diamantino – térreo
Transparencia: opaco
Raia: pardo amarela
Dureza: 5 – 5,5
Xénese: é un mineraloide que se xera por procesos de meteorización química de minerais con ferro como a goethita, magnetita, hematita ou pirita.
Uso: minerario de ferro secundario. Utilízase tamén como pigmento.