Están formados pola unión de grupos aniónicos tetraédricos [XO4]3- con catións metálicos, onde X é P (fósforo), As (arsénico) ou V (vanadio) en estado pentavalente. Os enlaces X-O son covalentes, mentres que a unión entre os grupos aniónicos e os catións é de natureza electrostática. Son frecuentes as substitucións iónicas entre P, As e V nos minerais desta clase, grazas á similitude dos seus raios iónicos.

Os fosfatos son relativamente numerosos: destaca a apatita pola súa abundancia relativa, en cuxa estrutura poden entrar outros anións adicionais como F, Cl e OH. Os arseniatos e os vanadatos máis comúns (mimetita, vanadinita) son minerais superxénicos formados nas zonas de oxidación dalgúns filóns de minerais metálicos.

Nome: Apatita (Ca5(PO4)3(F,Cl,OH))
Sistema: hexagonal
Hábito: cristais tabulares e prismáticos.
Cor: incolora, verdosa
Brillo: non metálico, vítreo
Transparencia: transparente a opaco
Raia: branca
Dureza: 5
Xénese: mineral accesorio frecuente en todas as clases de rocas ígneas, sedimentarias e metamórficas. É moi común atopalo en xacementos sedimentarios de tipo placer.
Uso: fonte de fosfato para fertilizantes. Ocasionalmente usado como xema.
Método de concentración mineralúrxica: pódese separar de gangas máis lixeiras por métodos gravimétricos dinámicos (aplicando forzas centrífugas moi altas) ou usando medios densos en vez de auga.

Nome: Autunita (Ca(UO2)2(PO4)2·10-12H2O)
Sistema: ortorrómbico
Hábito: cristais tabulares, tamén en codias.
Cor: amarela, amarela-verdosa
Brillo: non metálico, vítreo
Transparencia: transparente, translúcido
Raia: amarela pálida
Dureza: 2 – 2,5
Xénese: mineral secundario procedente da oxidación e meteorización da uraninita ou outros minerais de uranio.
Uso: minerario de uranio.
Método de concentración mineralúrxica: tras separar o fosfato das gangas, xeralmente por métodos gravimétricos en medios densos ou dinámicos, o U obtense por lixiviación química.

Nome: Purpurita ((Mn,Fe)PO4)
Sistema: ortorrómbico
Hábito: masivo a granular.
Cor: rosa, violeta
Brillo: non metálico, mate
Transparencia: opaco a translúcido
Raia: púrpura brillante
Dureza: 4 – 4,5
Xénese: produto de alteración en complexos pegmatíticos.
Uso: coleccionismo.

Nome: Piromorfita (Pb5(PO4)3Cl)
Sistema: hexagonal
Hábito: cristais prismáticos hexagonais ou aciculares.
Cor: amarela, verde ou parda
Brillo: non metálico, resinoso
Transparencia: transparente a traslúcido
Raia: branca
Dureza: 3,5 – 4
Xénese: mineral raro superxénico procedente da oxidación de xacementos de chumbo.
Uso: minerario secundario de chumbo.
Características: mineral reproducible artificialmente.

Nome: Eritrina (CO3(AsO4)2·8H2O)
Sistema: monoclínico
Hábito: agregados radiais ou estrelados, codias.
Cor: avermellada violeta
Brillo: non metálico, adamantino
Transparencia: transparente a translúcido
Raia: avermellada clara
Dureza: 1,5 – 2
Xénese: mineral secundario raro, en costras ou agregados finos enchendo gretas.
Uso: indicador de minerais de cobalto e prata.

Nome: Vanadinita (Pb3(VO4)3Cl)
Sistema: hexagonal
Hábito: prismas hexagonais curtos.
Cor: vermella parda, amarela apardazada a incolora
Brillo: amarelo pardo
Transparencia: opaco a subtranslúcido
Raia: incolora
Dureza: 3,5 – 4
Densidade: 6,95 g/cm3
Xénese: mineral raro de orixe secundaria na zona de oxidación dos filóns de chumbo.
Uso: minerario de vanadio; o vanadio úsase para fabricar aliaxes de alta resistencia para aplicacións aeronáuticas, espaciais ou para reactores nucleares, e tamén nos catalizadores químicos. A vadanita tamén é minerario secundaria de chumbo.
Método de concentración mineralúrxica: pódese separar mediante métodos gravimétricos en auga, debido á súa elevada densidade, pero tamén por flotación.