Guía de apoio
Grazas á estreita colaboración de XEODA coa Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía da Universidade de Vigo, que permitiu o acceso á Colección de Minerais ‘Don Manuel de Sas de la Encina’, nace esta guía de apoio á dita colección, coa que as persoas que a visiten poderán aprender moito máis sobre cada un dos minerais que a integran.